martes, 4 de decembro de 2018

Descubrimento de Neptuno

O descubrimento do planeta Neptuno deuse grazas ás achegas das matemáticas. Determinouse a súa localización tras as investigacións feitas sobre as perturbacións do planeta Urano, tentando comprobar neste as leis de Newton que explicara que estes movementos tiñan lugar motivado á forza que exercía a presenza doutro planeta que era descoñecido.

Houbo achegas de varios personaxes que fixeron posible, con todo a posición foi indicada por Urbain Le Verrier un matemático francés dedicado ao estudos da mecánica celeste.
En 1845, o director do Observatorio de París, Francois Arago expúxolle o problema das perturbacións de órbita do planeta Urano, que levou a Le Verrier en xuño de 1846 a mostrar os resultados dos seus minuciosos cálculos. COmo resultado destes estudos deuse a coñecer a posición do descoñecido e novo planeta.

En Cambridge, en 1843, John Couch Adams, sen coñecer os traballos de Le Verrier, fixera cálculos sobre o planeta descoñecido, estudos que precisou en setembro de 1845 e que tentou entregar ao Astrónomo Real, director do Observatorio de Greenwich, o cal non logrou concretar por unha serie de inconvenientes, con todo deixou constancia das súas investigacións e apoiado por unha carta do profesor de astronomía de Cambridge Challis James


Le Verrier compartiu o seu traballo con Johan Galle, quen se apoio nun refractor construído por Fraunhofer para observalo en setembro 23 de 1846, distinguíndoo nunha posición próxima aos cálculos de Le Verrier, Galle nomeouno como Neptuno, en honra ao deus do mar, na mitoloxía grega, pola súa tonalidade azul verdoso.


Ningún comentario:

Publicar un comentario